Federación Galega de Balonmán
05/29/2017 at 09:28
Head

O Carballal infantil masculino, clasificado para a fase final do Campionato de España

O Carballal infantil masculino acadou de forma brillante a clasificación para a fase final do Campionato de España, vencendo os tres partidos do seu sector disputado esta fin de semana en Vigo. Xiria e Cisne non puideron lograr a clasificación, ao quedar segundos dos seus respectivos sectores.

O conxunto vigués era o organizador do sector A, e o club deu a talla tanto a nivel organizativo coma deportivo. O Carballal venceu na primeira xornada ao BM Sanse por 27-23, na segunda derrotou ao Maristas Ademar (31-29) e xa acadou a clasificación antes da disputa da terceira e última xornada. Pero aínda así, os vigueses sumaron unha terceira vitoria fronte ao Xixón Jovellanos (29-24). Primeiro de grupo e clasificado para a fase final do Campionato de España Infantil Masculino.

No sector B, disputado en León, O Xiria non acadou a clasificación, ao quedar na segunda posición cunha derrota, unha vitoria e un empate. O conxunto galego rematou na segunda posición por detrás do Ademar León.

No sector E, disputado en Cidade Real, competía o BM Cisne, que quedou na segunda posición cos mesmos puntos que o BMC, que foi primeiro e logrou a clasificación. O club pontevedrés gañou ao Academia Óptica Málaga Norte (29-24) e ao Pedro Muñoz (19-23), pero caeu contra o BMC (27-24) e ese choque foi clave.


Campionato infantil feminino

Na categoría feminina, nin Teucro nin Carballal acadaron a clasificación para a fase final do Campionato de España.

O Carballal, que tamén xogaba en casa, ocupou a terceira posición do grupo cunha vitoria e dúas derrotas, aínda que chegou ao último partido do sector con opción de clasificarse, pero caeu derrotado contra o Cleba León (14-20).

Pola súa banda, o Teucro xogaba en Xixón e quedou na última posición do sector con tres derrotas.

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.