

O Gatañal acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil masculina
Cada vez está máis preto o Campionato de España de Seleccións Territoriais e as nosas seleccións continúan coa súa preparación. Así, a preselección galega infantil masculina celebrará unha sesión de adestramento será o domingo, 2 de decembro, dende ás 16:30 ata as 18:30 horas no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.
Look

A preselección infantil masculina adestra o domingo 25 no Gatañal
Seguimos coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Este domingo 25 de novembro (de 16:30 horas a 18:30) a preselección galega infantil masculina terá sesión de traballo no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria.
Look

O 11 de novembro, sesión de traballo para o combinado galego infantil masculino no Gatañal
O Gatañal tamén acollerá a sesión de adestramento da preselección galega infantil masculina. Será o domingo,11 de novembro, ás 16:30 a 18:00 horas. Outra sesión de traballo preparatoria para definir o grupo de convocados para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territoriais en Valladolid en xaneiro de 2019. No documento adxunto tedes a convocatoria.
Look

O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino
Non puido ser. O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino, pero dando a cara en todos os partidos e cunha magnífica imaxe. No primeiro partido caeu contra o Ademar León nun emocionante choque que non se decidiu ata os minutos finais (22-27). O segundo día perderon contra o Colexio San Agustín (27-21) e o último choque foi contra o Barcelona Lassa e os galegos loitaron ata o final para rematar perdendo por dous goles (31-29). Gran traballo rapaces!!!!
Look

O Carballal infantil masculino, clasificado para a fase final do Campionato de España
O Carballal infantil masculino acadou de forma brillante a clasificación para a fase final do Campionato de España, vencendo os tres partidos do seu sector disputado esta fin de semana en Vigo. Xiria e Cisne non puideron lograr a clasificación, ao quedar segundos dos seus respectivos sectores. O conxunto vigués era o organizador do sector A, e o club deu a talla tanto a nivel organizativo coma deportivo. O Carballal venceu na primeira xornada ao BM Sanse por 27-23, na segunda derrotou ao Maristas Ademar (31-29) e xa acadou a clasificación antes… See more
Look