Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 19:53

O  Gatañal acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil masculina

Cada vez está máis preto o Campionato de España de Seleccións Territoriais e as nosas seleccións continúan coa súa preparación. Así, a preselección galega infantil masculina celebrará unha sesión de adestramento será o domingo, 2 de decembro, dende ás 16:30 ata as 18:30 horas no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:10

A preselección infantil masculina adestra o domingo 25 no Gatañal

Seguimos coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Este domingo 25 de novembro (de 16:30 horas a 18:30) a preselección galega infantil masculina terá sesión de traballo no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
08/11/2018 13:11

O 11 de novembro, sesión de traballo para o combinado galego infantil masculino no Gatañal

O Gatañal tamén acollerá a sesión de adestramento da preselección galega infantil masculina. Será o domingo,11 de novembro, ás 16:30 a 18:00 horas. Outra sesión de traballo preparatoria para definir o grupo de convocados para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territoriais en Valladolid en xaneiro de 2019. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
10/06/2017 09:27

O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino

Non puido ser. O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino, pero dando a cara en todos os partidos e cunha magnífica imaxe. No primeiro partido caeu contra o Ademar León nun emocionante choque que non se decidiu ata os minutos finais (22-27). O segundo día perderon contra o Colexio San Agustín (27-21) e o último choque foi contra o Barcelona Lassa e os galegos loitaron ata o final para rematar perdendo por dous goles (31-29). Gran traballo rapaces!!!!

Siehe
Federación Galega de Balonmán
29/05/2017 09:28

O Carballal infantil masculino, clasificado para a fase final do Campionato de España

O Carballal infantil masculino acadou de forma brillante a clasificación para a fase final do Campionato de España, vencendo os tres partidos do seu sector disputado esta fin de semana en Vigo. Xiria e Cisne non puideron lograr a clasificación, ao quedar segundos dos seus respectivos sectores. O conxunto vigués era o organizador do sector A, e o club deu a talla tanto a nivel organizativo coma deportivo. O Carballal venceu na primeira xornada ao BM Sanse por 27-23, na segunda derrotou ao Maristas Ademar (31-29) e xa acadou a clasificación antes… Siehe mehr

Siehe
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.