Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 19:53

O  Gatañal acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil masculina

Cada vez está máis preto o Campionato de España de Seleccións Territoriais e as nosas seleccións continúan coa súa preparación. Así, a preselección galega infantil masculina celebrará unha sesión de adestramento será o domingo, 2 de decembro, dende ás 16:30 ata as 18:30 horas no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Ver
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:10

A preselección infantil masculina adestra o domingo 25 no Gatañal

Seguimos coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Este domingo 25 de novembro (de 16:30 horas a 18:30) a preselección galega infantil masculina terá sesión de traballo no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Ver
Federación Galega de Balonmán
08/11/2018 13:11

O 11 de novembro, sesión de traballo para o combinado galego infantil masculino no Gatañal

O Gatañal tamén acollerá a sesión de adestramento da preselección galega infantil masculina. Será o domingo,11 de novembro, ás 16:30 a 18:00 horas. Outra sesión de traballo preparatoria para definir o grupo de convocados para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territoriais en Valladolid en xaneiro de 2019. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Ver
Federación Galega de Balonmán
10/06/2017 09:27

O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino

Non puido ser. O Carballal quedou fóra das semifinais do Campionato de España infantil masculino, pero dando a cara en todos os partidos e cunha magnífica imaxe. No primeiro partido caeu contra o Ademar León nun emocionante choque que non se decidiu ata os minutos finais (22-27). O segundo día perderon contra o Colexio San Agustín (27-21) e o último choque foi contra o Barcelona Lassa e os galegos loitaron ata o final para rematar perdendo por dous goles (31-29). Gran traballo rapaces!!!!

Ver
Federación Galega de Balonmán
29/05/2017 09:28

O Carballal infantil masculino, clasificado para a fase final do Campionato de España

O Carballal infantil masculino acadou de forma brillante a clasificación para a fase final do Campionato de España, vencendo os tres partidos do seu sector disputado esta fin de semana en Vigo. Xiria e Cisne non puideron lograr a clasificación, ao quedar segundos dos seus respectivos sectores. O conxunto vigués era o organizador do sector A, e o club deu a talla tanto a nivel organizativo coma deportivo. O Carballal venceu na primeira xornada ao BM Sanse por 27-23, na segunda derrotou ao Maristas Ademar (31-29) e xa acadou a clasificación antes… Ver más

Ver
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.