Federación Galega de Balonmán
07/05/2019 10:45

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS E VETERÁS

Ábrese o prazo de inscrición para o Campionato Galego de Veterás e Veteráns. Se sodes un grupo amigos/as que estivestedes ou estades vinculados ao balonmán, se sodes un grupos de nais/pais aos que os vosos fillos/as vos meteron neste deporte ou se sodes un grupo de xente que queredes coincidir cunha boa excusa: animádevos a participar! As árbitras e os árbitros que levades un tempo desconectadas/os non vos librades!, que alguén ten que poñer un pouco de orde! Anotádevos no enderezo electrónico: [email protected] Adxuntamos toda… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
07/05/2019 10:05

Coñece a Álvaro Preciado

Falamos con Álvaro Preciado, xogador do Club Cisne Colegio Los Sauces despois da súa andadura en Portugal coa selección nacional xuvenil. Coñece un pouquiño máis a esta promesa do balonmán galego.

Vedere
Federación Galega de Balonmán
05/05/2019 19:51

AD Carballal, subcampioa de España xuvenil feminina

Espectacular actuación da A.D. Carballal na fase final do Campionato de España xuvenil feminino, que se celebrou en Vigo, onde logrou a medalla de prata despois de perder na final contra o BM Elche (campión por segundo ano consecutivo). As viguesas fixeron un campionato excepcional e iso que tiveron que recuperarase da derrota no primeiro partido de grupo, no que pagaron os nervios de xogar na casa a fase final. Pero a partir de aí, o Carballal foi crecendo, gañando e ofrecendo momentos máxicos no Pavillón de Candeán. Primeiro cando lograron… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
02/05/2019 11:49 · 2ª AUTONÓMICA MASCULINA

XALLAS E PONTEDEUME XÓGANSE O ASCENSO DIRECTO A 1ª AUTONÓMICA MASCULINA GALEGA

Este sábado día 4 (18:30 horas) o pavillón polideportivo da Casqueira (Pontedeume) será testemuña do encontro clave da Segunda Autonómica Masculina, onde o BM Pontedeume e o Xallas buscarán o ascenso á primeira categoría galega na última xornada da competición. O BM Pontedeume  afronta o partido con gran ilusión  e pensando nas súas raíces. Un club cheo de tradición na comarca do Eume e Ferrolterra, que xa militou bastantes tempadas na primeira galega.  O adestrador Jose Deus dinos que “temos unha afección consolidada que nos… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
02/05/2019 09:34 · DIVISIÓN HONRA CADETE MASCULINO, DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO

DEFINIDOS OS SECTORES ESTATAIS CADETES, CON TRES DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Os representantes galegos cadetes femininos e masculinos xa coñecen o seu destino e rivais para a disputa dos sectores estatais da tempada 2018/2019 que se celebrarán do 16 ao 19 de maio. Galicia terá un gran protagonismo, xa que na categoría feminina AD Carballal e BM Cangas xogarán na casa e na masculina, o Cisne tamén disputará o sector ante o seu público en Pontevedra. O Carballal masculino será o único que viaxará (León). Os conxuntos femininos afrontarán a competición como anfitrións. A AD Carballal acolle en Vigo o sector A… Vedi di piú

Vedere
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.