RESULTADOS FASE FINAL DO CAMPIONATO ESTATAL INFANTIL MASCULINO
A continuación, tedes o enlace onde podedes ver os resultados da fase final do Campionato Estatal Infantil Masculino, que se celebrou esta fin de semana en Sevilla, coa participación do Teucro. http://www.rfebm.net/campeonatos.asp?campeonato=65
SieheRESULTADOS PRIMEIRA XORNADA DA FASE FINAL DO CAMPIONATO ESTATAL MASCULINO
Comezou en Dos Hermanas (Sevilla) a fase final do Campionato Estatal Infantil Masculino, no que participa o Teucro. A continuación, tedes os resultados. http://www.rfebm.net/noticias.asp?id=9132
SiehePROGRAMACIÓN HORARIA DA FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL MASCULINO
A Federación Española de Balonmán deu a coñecer a programación horaria da fase final do Campionato de España Infantil Masculino que se disputará en Sevilla entre os días 29 de maio e o 3 de xuño. O Teucro logrou a clasificación para esta fase final na que participan oito equipos, que buscarán o título de campión de España. O conxunto galego disputará o primeiro partido o día 29 fronte ao BM La Roca (20:30 horas). A continuación tedes a programación horaria deste sector.
SieheRESULTADOS SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL INFANTIL FEMININO
A segunda fase ou fase zonal do Campionato Estatal Infantil Feminino da tempada 2012/13 estase a celebrar entre os días 17 e 19 de maio. O grupo A, que se celebra en A Guarda, conta coa participación do Guardés, EMD Aceuchal, Leganés Promesas e BM Palencia. No sector B, que terá lugar en Gijón, participará o outro conxunto galego, o Seis do Nadal, que se enfrontará a Calderón BM Gijón, Lizarreria A, Aula Cultural V.H. No enlace, tedes os resultados dos diferentes sectores. http://www.rfebm.net/campeonatos.asp?campeonato=66
SieheRESULTADOS SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL INFANTIL MASCULINO
A segunda fase ou fase zonal do Campionato Estatal Infantil Masculino da tempada 2012/13 estase a disputar entre os días 17 e 19 de maio. O grupo A, que se celebra en Pontevedra, conta coa participación do Teucro, Covadonga, Parla e Maristas Ademar. No sector B, que se celebra en León, participa o outro conxunto galego, o BM Cangas. O conxunto do Morrazo enfrontase a Ademar León, Catedra 70 Malagan e Iplacea. A continuación, tedes o enlace cos resultados. http://www.rfebm.net/campeonatos.asp?campeonato=65
Siehe