RESULTADOS SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL CADETE MASCULINO E FEMININO
Resultados dos sectores da segunda fase do Campionato Estatal Cadete Masculino e Feminino da tempada 2012/13, que se disputaron esta fin de semana con malos resultados para os clubs galegos. Na categoría masculina, participaron o BM Lalín e Teucro, mentres que na feminina o BM Lavadores e Porriño. A continuación, podedes ver os resultados e a clasificación. http://www.rfebm.net/campeonatos.asp?campeonato=61 http://www.rfebm.net/campeonatos.asp?campeonato=62
SiehePROGRAMACION HORARIA DOS SECTORES DA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL DA SEGUNDA DIVISIÓN MASCULIN
A Federación Española de Balonmán deu a coñecer a concesión dos sectores da segunda fase do Campionato Estatal da Segunda División Masculina, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de maio. O sector A celebrarase en Redondela e no mesmo participarán H. Estación de Luanco, BM Arroyo, Cd. Blamapel e SAR Plastic Omniun. Ademais, o conxunto do BM Pontevedra disputará o sector B, que terá lugar en Santoña. No mesmo participarán o conxunto local, M Vírgen Europa e Ford Mugarri A. A continuación, podedes ver a composición dos grupos.
SiehePROGRAMACION HORARIA SECTORES DA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL INFANTIL FEMININO
A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer os sectores da segunda fase ou fase zonal do Campionato Estatal Infantil Feminino da tempada 2012/13, que se disputará entre os días 17 e 19 de maio. O grupo A celebrarase na Guarda, coa participación do Guardés, EMD Aceuchal, Leganés Promesas e BM Palencia. No sector B, que se celebrará en Gijón, participará o outro conxunto galego, o Seis do Nadal, que se enfrontará a Calderón BM Gijón, Lizarreria A, Aula Cultural V.H. A continuación, podedes descargar a a concesión e… Siehe mehr
SiehePROGRAMACIÓN HORARIA DOS SECTORES DA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL DE PRIMEIRA FEMININA
A Federación Española de Balonmán deu a coñecer a concesión dos sectores da segunda fase do Campionato Estatal da Primeira División Feminina, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de maio. Nestes sectores participan Seis do Nadal e Chapela, pero terán que viaxar fóra de Galicia. O sector A celebrarase en Palencia e no mesmo participarán Seis do Nadal, El Serrón BM Pal., SS. de los Reyes e CD Tahiche. Ademais, o conxunto do BM Chapela disputará o sector D, que terá lugar en Madrid. No mesmo participarán o conxunto redondelano… Siehe mehr
SiehePROGRAMACIÓN HORARIA DA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL CADETE MASCULINO
A Federación Española de Balonmán deu a coñecer a programación horaria correspondente á segunda fase do Campionato Estatal Cadete Masculino da tempada 2012/13 que se disputará entre os días 10 e 12 de maio. O grupo A disputarase en Lalín, mentre que o Teucro terá que desprazarse a León. A continuación, tedes a programación de todos os grupos.
Siehe