Federación Galega de Balonmán
08/11/2018 13:03

A preselección galega infantil feminina adestra o 11 de novembro en Cangas

A preselección galega infantil feminina realizará o próximo 11 de novembro unha sesión de adestramento no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo dende as 18:00 as 19:30 horas. Esta xornada forma parte do plan de traballo para preparar o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
31/10/2018 12:54

O DÍA 4 DE NOVEMBRO, XORNADA TÉCNICA PARA AS SELECCIÓNS XUVENÍS MASCULINA E FEMININA NA CAÑIZA

A Cañiza será a sede da xornada técnica que desenvolverán as preseleccións galegas xuvenís masculina e feminina o día 4 de novembro, tamén dentro do proceso de preparación do Campionato de España. Ambos combinados realizarán dúas sesións de traballo, sendo a segunda do combinado xuvenil masculino, un partido amigable contra o BM Saeplast Cañiza (18:30 horas, no Pavillón da Cañiza). As e os deportistas que aínda non asinaron o documento de cesión de imaxe, deberán entrega asinada antes do inicio da sesión. Nos documentos adxuntos… Siehe mehr

Siehe
Federación Galega de Balonmán
12/07/2018 21:10

Vitoria da selección galega infantil feminina no Torneo de Cangas de Narcea

Segunda xornada do Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea, que se cerrou cunha vitoria da selección galega feminina e a derrota da masculina. Feminino Galicia, 21 - Madrid, 17 Durante os primeiros  minutos Madrid saíu moi  enchufada, fronte aos nervios e as inseguridades a flor de pel das galegas poñía o 4-1 en contra no marcador. Tralo tempo morto pedido no minuto 7, reacción do conxunto galego que fixo unha grande defensa e remontou ata chegar ao descanso 9-5. Ao  reaunudar o partido Galicia mantivo a distancia no marcador pero… Siehe mehr

Siehe
Federación Galega de Balonmán
09/11/2017 16:03

Adestramentos das seleccións galegas o día 12 de novembro

Continúa o traballo das nosas seleccións preparándose para o Campionato de España de Seleccións Territoriais. que se celebrará en Galicia a comezos de xaneiro de 2018. Os combinados galegos -coa excepción da selección xuvenil feminina que hoxe descansa- adestrarán o domingo 12 de novembro. Aquí tedes a información ao respecto: - Cadete feminino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Municipal de O Gatañal (Cangas). - Cadete masculino: 12 de novembro, 17:00 horas - Pavillón Multiusos de Pontevedra. - Infantil feminino: 12 de novembro,… Siehe mehr

Siehe
Federación Galega de Balonmán
19/10/2017 18:00

O domingo 22, adestramento das preseleccións galegas en Pontevedra e Redondela

Continúa o traballo de preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais infantil, cadete e xuvenil (masculino e feminino) do ano 2018. As nosas preseleccións galegas están citadas o próximo domingo 22 de outubro para realizar unha nova sesión de traballo en Pontevedra e Redondela. A selección infantil feminina adestrará o domingo 22 ás 18:30 horas na Bombonera de Redondela, e neste mesmo pavillón pero ás 16:30 horas terá a súa sesión de traballo o combinado galego cadete feminino. O resto dos equipos adestrarán no… Siehe mehr

Siehe
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.