Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 19:53

O  Gatañal acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil masculina

Cada vez está máis preto o Campionato de España de Seleccións Territoriais e as nosas seleccións continúan coa súa preparación. Así, a preselección galega infantil masculina celebrará unha sesión de adestramento será o domingo, 2 de decembro, dende ás 16:30 ata as 18:30 horas no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:36

A preselección galega infantil feminina adestra o 25 no Gatañal

A preselección galega infantil feminina tamén ten traballo esta fin de semana. O combinado está convocado o día 25 de novembro (a partir das 18:30 horas) no Pavillón O Gatañal (Cangas). Esta sesion está incluída no plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:15

A Estrada acolle a sesión de traballo da preselección xuvenil masculina

A preselección xuvenil masculina tamén realizará esta fin de semana unha sesión de adestramento. A cita é o domingo 25 de novembro(de 17:30 horas ata as 19:30 horas) no Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro (A Estrada). Este adestramento é preparatorio para o Campionato de España de Valladolid (xaneiro de 2019).

Siehe
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:10

A preselección infantil masculina adestra o domingo 25 no Gatañal

Seguimos coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Este domingo 25 de novembro (de 16:30 horas a 18:30) a preselección galega infantil masculina terá sesión de traballo no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:21

O domingo 18, adestramento da preselección xuvenil masculina en Redondela

A preselección xuvenil masculina tamén realizará esta fin de semana unha sesión de adestramento. Será o domingo 18 de novembro, das 16:30 horas ás 18:30 horas no Pavillón municipal de Redondela (antiga “Bombonera”). Este adestramento é preparatorio do Campionato de España de Valladolid (xaneiro de 2019). Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Siehe
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.